A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) presentou unha denuncia ante a Comisión Europea pola nova regulación de peaxes nas autovías do norte de Portugal, que entrou en vigor o pasado 15 de outubro, e mediante a cal a A-28, entre Viana do Castelo e Porto, e outras dúas vías deixaron de ser gratuítas.
En concreto, a alternativa á A-3 desde Galicia ata a cidade da desembocadura do Douro, pasa a custar agora uns de 8 euros polo seu traxecto de ida e volta. Ademais, os condutores que queiran transitala deben comprar un dispositivo electrónico cuxa carga mínima é de 50 euros para vehículos de turismo e 100 para os de transporte.
Así, e ante as repercusións comerciais da nova regulación, a CEG emprendeu diversas accións ante as principais institucións comunitarias para advertir dos "danos e trabas" ocasionados ao tecido produtivo galego e á sociedade en xeral.
Na denuncia alúdese á posible vulneración do marco normativo comunitario a tenor das exencións e descontos dos que se benefician tan só os cidadáns e empresas portuguesas, unha circunstancia que, segundo a CEG, "evidencia un trato desigualdade cara a Galicia" ao contravir o principio de igualdade e non discriminación, e o dereito á libre circulación sobre o que se somete o mercado interior europeo.
A patronal galega leva a nova peaxe portuguesa á Comisión Europea
No hay comentarios:
Publicar un comentario